PÁGINAS

Translate

15 de abril de 2011

Atlántico Diario

Galicia perdeu 301 empresas no primeiro trimestre do ano

O número de novas empresas activas (sumadas as constitucións e as reactivacións) situouse en 1.298 no primeiro trimestre do ano en Galicia, mentres que as que cesaron a súa actividade son 1.599, de modo que a comunidade perdeu, en conxunto, un total de 301 empresas entre xaneiro e marzo. 

Así se desprende do Radar Empresarial elaborado por Axesor, que indica que en total hai activas en Galicia 75.343 empresas. Todas as provincias galegas perderon tecido produtivo, en especial a de Pontevedra, con 126 empresas menos. Na Coruña perderon 115; en Ourense foron 36 e en Lugo 23.

O informe sinala tamén que o número de concursos de acredores aumentou un 2,36%. En toda España, a creación de empresas creceu un 8,1%, con 23.005 novas compañías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario