PÁGINAS

Translate

25 de noviembre de 2011

Atlántico Diario

Os traballadores de Clesa intentarán 'desmentir' ante o xuíz a súa argumentación para autorizar o ERE extintivo
                                                  http://www.economistasvigoconcursal.jimdo.com/
Consideran que a oferta de Feiraco para adquirir a planta 'podería non gustarlle por insuficiente, pero non pode dicir que non é seria'

Catro membros da comisión de seguimento creada a raíz da crise da planta de Clesa en Caldas de Reis (Pontevedra) intentarán 'desmentir' ante o xuíz a argumentación que este esgrimiu para autorizar o expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo, que afecta os 140 traballadores.

A presidenta do comité de empresa, Dolores Ramos, sinalou en declaracións a Europa Press que o titular do Xulgado do Mercantil número 6 de Madrid, Francisco Javier Vaquer, accedeu a manter un encontro con eles o próximo luns, ás 12.30 horas, na capital do Estado.

A delegación de Clesa desprazarase coa intención de 'desmentir a argumentación do auto', que entende que as mostras de interese por comprar esta fábrica 'non pasaron das meras intencións, dos iniciais contactos informativos e das meras conxecturas'.

Con estas razóns, Ramos consideran que o xuíz 'evidentemente non puido ver' o plan de negocio presentado por Feiraco -xunto a outras cooperativas-, pois este supoñía inicialmente unha inversión duns 10 millóns de euros -co aval de 4 millóns da Xunta- e foi mellorada o pasado mércores, día 16 de novembro -o auto ten data do 17 de novembro-.

'Pode ser que non lle gustase, pero que non é serio non o pode dicir. Podería non gustarlle por insuficiente, pero non pode dicir que non é serio', destacou a presidenta do comité de empresa da planta.

'CONTRADICIÓNS' NA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Ademais, Dolores Ramos observan 'contradicións' na exposición de motivos do maxistrado, posto que 'di que non vale para nada e que non é viable', pero, pola contra, 'hai un investidor interesado'. 'Pois que o venda', resalta.

A maiores, puntualiza que o xuíz se basea no seu escrito que autoriza o ERE 'nos números globais dos anos anteriores', de toda a empresa. 'Se os separas, os rendementos de cada planta non son os mesmos. De feito hai tres plantas pechadas e a nosa', evidencia. Tamén, constata, a decisión parte da análise 'da xestión da familia Ruiz Mateos'. 'Iso é o que ten valorar', finalizou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario