PÁGINAS

Translate

30 de marzo de 2011

EL GRUPO CÁNTABRO CONSROCIO DESTACA LA "OPORTUNIDAD DE CRECIMIENTO" QUE SUPONE LA COMPRA DE DOS PLANTAS  DE ALFAGEME

grupo cántabro Consorcio Español Conservero destaca a 'oportunidade de crecemento' que supón a compra de dúas plantas da galega Alfageme --en proceso de liquidación-- nas localidades pontevedresas de Vilaxoán e Ribadumia, polas que presentou este martes unha proposta nos xulgados de Vigo tras chegar a un acordo coa Xunta de Galicia.

O grupo cántabro Consorcio Español Conservero destaca a 'oportunidade de crecemento' que supón a compra de dúas plantas da galega Alfageme -en proceso de liquidación- nas localidades pontevedresas de Vilaxoán e Ribadumia, polas que presentou este martes unha proposta nos xulgados de Vigo tras chegar a un acordo coa Xunta de Galicia.

'Esta é unha oportunidade de crecemento que permitirá ampliar produtos, mercados e penetrar en novas zonas xeográficas, así como consolidar a posición de liderado no sector da conserva e semi conserva', valorou a empresa cántabra nun comunicado.

Segundo o compromiso adquirido coa Consellería de Economía e Industria do Goberno galego, tras facerse con ambas as dúas naves, a empresa manterá os 149 postos de traballo 'coa intención de que este número aumente, nos próximos anos, ata alcanzar os 230 empregados'.

A inversión que o grupo Consorcio ten pensado realizar ascende a 11 millóns de euros, dos cales o 80 por cento inverteranse en nova maquinaria.

CONSERVAS DE PRODUTOS DAS RÍAS GALEGAS

Con esta acción, Consorcio 'busca reforzar a súa posición de liderado nos máis de 40 mercados internacionais nos que opera', resalta na nota de prensa. Ademais, sinala a 'oportunidade para aumentar e diversificar a súa gama' de produtos con conservas 'de produtos complementarios' procedentes das rías galegas. Iso, 'mantendo sempre as máis altas esixencias de calidade nos procesos e elaboración de produtos', subliña.

Grupo Consorcio confirma, así mesmo, que manterá 'o mesmo ritmo' de traballo e de produción nas súas plantas de túnidos e anchoas de Santoña - en Cantabria-, coa que é 'líder' no mercado Súper Premium de atún de Italia e tamén no mercado de anchoas en España cunha cota do 7 por cento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario