PÁGINAS

Translate

30 de junio de 2013

La Voz de Galicia


El naval gallego ha perdido en dos años 65 empresas y 12.000 empleos

Los sindicatos preparan una huelga a escala estatal a la espera de la reunión del lunes

Dos años sin tax lease han barrido del mercado los astilleros gallegos, condenados a una lenta agonía que ha ido dejando muchos cadáveres por el camino. En total se han cerrado 65 empresas auxiliares y se han esfumado 12.000 de los 16.000 empleos directos con que contaba el sector, que se traducen en más de 50.000 indirectos. El secretario general de Asime, Enrique Mallón, recuerda que muchas de las 300 firmas que aún quedan están al límite de su resistencia, recurriendo a expedientes de regulación cuando no a concursos de acreedores.
La losa que supone una posible resolución negativa del tax lease mantiene las carteras de pedidos de los astilleros en mínimos o completamente vacías. Es el caso de Barreras y Vulcano, que, tras superar sus respectivas suspensiones de pagos, siguen con las gradas vacías, el primero pendiente de que se concrete su operación con Pemex y el segundo, de encontrar armador para el casco del ferri que se adjudicó en Sevilla. También es el caso de Freire, Factoría Naval de Marín y Valiña.
Enrique Mallón denuncia que los lobbies, «o mejor dicho los lobos marítimos europeos, han campado a sus anchas por los pasillos de Bruselas». Pide a Almunia que dimita «antes de convertirse en enterrador».
El presidente de la Xunta reiteró ayer su petición de «máxima unidade», máximos argumentos y máxima presión para evitar lo que considera una decisión «incoherente e discriminatoria» por parte de Almunia con el naval.
La Federación de Industria de CC.?OO. puso ayer por escrito los mandamientos que, a su juicio, tiene que cumplir la cita del lunes en Madrid con José Manuel Soria como anfitrión. El primero, prescindir de partidismos, localismos y personalismos. Subraya que apostar por el naval es «rentable» y que no puede desperdiciarse el know-how acumulado a lo largo de 120 años.
Ante la «preocupante situación de lo que está en juego», los sindicatos preparan un calendario de movilizaciones que puede incluir una huelga estatal.


730 días de lunes al sol esperando la resolución del expediente del «tax lease»

 El 29 de junio es una fecha tristemente señalada para el sector naval español. Fue ese día del año 2011 cuando, tras la denuncia formulada por Holanda, se suprimieron las bonificaciones fiscales a la construcción, el tax lease. Se cumplían ayer, pues, 730 días de lunes al sol para miles de trabajadores, dos anni horribiles a los que están deseando dar carpetazo. Por eso, también están dispuestos a «ir donde haga falta y a movilizarse hasta que el cuerpo aguante» para evitar que el próximo 17 de julio «Almunia firme el certificado de defunción del sector».
Manuel López, Emilio Pérez, José Antonio Fernández y Antonio Fernández, Sesé, ponen cara a un problema que abrió la llegada de la crisis en el 2009, el año más dulce del naval gallego, con los astilleros a reventar de carga de trabajo, y que está barriendo el tax lease.
Manuel López es mecánico naval en Barreras, de cuya plantilla forma parte desde 1997. Cuando llegó tenía más de 350 compañeros, de los que hoy apenas quedan 111. El último barco que construyeron, un flotel, lo entregaron en junio del 2011. Desde entonces, la nada. Sobrevivir gracias a un expediente de regulación de empleo, ya agotado para la mayoría. «Lo de Almunia ha sido un jarro de agua fría después de dos años de espera inútil. El daño para algunos es ya irreparable», dice. No quiere ni pensar que la resolución termine siendo negativa y se aferra a la esperanza: «Confío en que no haya devolución».
Emilio Pérez entró a trabajar en Freire en 1980, donde es responsable de prevención, aunque al sector había llegado seis años antes de la mano de una auxiliar. «Éramos más de 400 en plantilla; ahora somos 63 y la mitad en regulación». El futuro inmediato lo ve igual de negro que el resto. «El 31 de agosto remata el ERE, pero habrá que renovarlo porque en la primera quincena de julio entregamos el oceanográfico que hemos construido para Inglaterra», dice. En el mejor de los casos, y si se cierra la operación del buque escuela que Indonesia acaba de adjudicar a Freire, no se empezaría a cortar chapa hasta el 2014.
Buque de apoyo
José Antonio Fernández se incorporó a la plantilla de Metalships como mecánico hace 15 años. Entonces eran 150: ahora no pasan del centenar. Tiene la suerte de estar trabajando porque su empresa es una de las contadas que han sido capaces de contratar un buque de apoyo a plataformas sin tax lease. «Tenemos trabajo para un año, si no nos asfixiamos antes», dice. Igual que sus colegas, está seguro de que si Bruselas obliga a devolver las ayudas será el final. «El sol nos mata y Almunia también», ironiza.
Antonio Fernández, Sesé, es el más crítico tanto con el comisario de la Competencia como con el PP. «Hay que ser burro para tardar dos años en preparar un documento, que en el caso de otros países se tardó dos semanas en hacer», dice en relación con el primero, al que lanza otra andanada: «Que me hunda un fulano de Holanda, bueno, pero uno que se dice español...». En cuanto al PP, le recuerda que se comprometió a arreglar el problema en 15 días.
Sesé empezó a trabajar en Vulcano en 1980, cuando sumaba una plantilla de 700 trabajadores, de los que hoy apenas quedan 108. Algunos en ERE, la mayoría realizan labores de mantenimiento «porque la carga de trabajo es cero».


Señor Alumnia, recapacite

 Galicia está sorprendida e preocupada pola mensaxe que lanzou o comisario da Competencia, o español Joaquín Almunia. Está sorprendida porque a Comisión Europea non está sendo xusta co sector naval galego e español. Está preocupada por unha ameaza que deixa en vilo, e ao borde dun precipicio, ás miles de familias e traballadores que dependen del. Sorpresa e preocupación que teñen a súa orixe no 2011, cando a  CE, tras unha denuncia a España por parte dunha asociación de estaleiros holandeses, iniciou o procedemento de investigación do réxime do tax lease, o sistema de bonificacións fiscais que se aplica en España e o resto de Europa para a contratación de barcos.
A apertura dese expediente por parte da CE provocou no noso sector naval dous anos de parálise, ao non poder disfrutar dun sistema de financiamento como o que si tiñan os seus competidores europeos. E agora, cun novo sistema xa aprobado, co impulso da Xunta de Galicia en colaboración cos propios estaleiros e Pymar, o comisario Almunia anuncia que pensa propoñer a devolución das axudas percibidas polo sector naval español desde o ano 2005 en diante. Unha mensaxe que, de materializarse, abocaría á ruína a todo un sector.
O trato que se lle quere dar a España non está a ser xusto porque na resolución de expedientes anteriores, como no caso de Francia, non se obrigou á devolución das axudas. Os estaleiros españois, xunto cos armadores, investidores e entidades financeiras, actuaron de acordo ao marco xurídico que estaba vixente. Se no caso de Francia a CE aceptou a existencia de confianza lexítima e seguridade xurídica, non parece haber ningún argumento que non permita aplicar os mesmos principios no caso de España.
Non parece razoable dar un trato discriminatorio e levar ao abismo a un sector que ten amosado un esforzo inigualable, unha fortaleza e capacidade crecente dentro e fóra das nosas fronteiras, que exporta o 90 % da súa produción, con grandes profesionais, tecnoloxía punteira e un importante know how. O sector naval ten unha forte tradición no noso país e un futuro sempre que, claro, unha decisión errada non o trunque agora. Son preto de 87.000 postos de traballo en España, 19 estaleiros privados e toda unha industria auxiliar os que están agora en risco, nas mans do comisario Almunia, por moito que argumente que serán os armadores e os investidores os que terán que devolver as axudas.
Por todo isto, reclamámoslle a Almunia que recapacite, que sexa xusto con Galicia e con España e reconsidere a súa proposta. Xa non porque se trate do seu país -é certo que formalmente non está no seu posto para representar a España-, senón porque a súa decisión tería repercusións negativas sobre o resto dos estados. A mensaxe que se lles envía a investidores e armadores internacionais, se agora os que asinaron contratos cos nosos estaleiros teñen que devolver as axudas, é que non poden confiar nas empresas europeas ao non ter garantía de seguridade xurídica. A UE non a creamos para poñerse trabas a si mesma. Os próximos días son decisivos.  A Xunta está a traballar para unir esforzos cos axentes económicos e sociais, forzas políticas, con Pymar e co resto de Administracións afectadas na defensa dun sector que merece ter a oportunidade de competir en igualdade de condicións que as do resto dos países europeos.

¿Axuda ilegal ou política fiscal?

 Como funciona o «tax lease»?
É unha operación financeira a catro bandas na que participan: un armador, un estaleiro, un inversor en forma xurídica de Agrupación de Interese Económico (AIE) e un banco que presta os servizos de leasing. O asunto transcorre así: o estaleiro vende o buque ao banco, que á súa vez formaliza un contrato de leasing a un prazo moi curto, normalmente 3 anos, cos inversores organizados nunha AIE. Esta AIE alúgalle o barco ao armador, a quen llo acabarán transmitindo ao finalizar a operación. Os reducidos prazos da operación xeran na AIE unhas fortes bases impoñibles negativas que lle reportan unhas desgravacións fiscais que permiten rebaixar o prezo do buque case nun 30 % ao armador e reducir a factura fiscal das firmas inversoras nunha porcentaxe similar.
Que consecuencias ten? Todos gañan: o estaleiro vende o barco a prezo de mercado, o armador aforra un 30 %, as empresas inversoras reducen a súa factura fiscal e o banco cobra unha comisión polos servizos prestados. Pero quen paga? Naturalmente, a facenda pública. Podemos pensar que se trata dun engano para que os máis ricos non paguen impostos, pero é máis complexo. A aplicación deste sistema financeiro permite que compañías con altos beneficios invistan grandes sumas directamente no tecido produtivo, activando un sector que sen esa participación non existiría. Por outra banda, a facenda pública non perde. Cada operación supón xerar actividade económica e emprego do que se derivan retornos fiscais e cotizacións sociais que compensan as achegas iniciais.
Que é o que habería que devolver? Son as desgravacións recibidas polos inversores en cada unha das operacións realizadas dende o ano 2005 as que agora Almunia di que hai que devolver, en total preto de 3.000 millóns. Non está nada claro quen debería facer tal cousa, polo que ao final pode ser o Estado quen asuma a sanción. Se devolvésemos as axudas presuntamente ilegais, engordaríamos o déficit público, atrás viría a Comisión Europea e o FMI esixindo máis control do déficit, ou sexa, máis recortes, que terían consecuencias negativas no crecemento, na recadación fiscal e novamente no control do déficit, para seguir non sei ata cando leados nesta rolda do infortunio da que xa non sei se queren que saiamos nunca.
Por que debemos devolver dende o 2005? «Porque coincide coa apertura dunha investigación a Francia polo seu tax lease». Toma! Como a Xan lle doe a cabeza ímoslle dar unha aspirina a Pericán! Non sería lóxico que a nosa sanción coincidira coa apertura formal da investigación a España derivada da denuncia de Holanda, ou sexa 2011?
Por que existen mecanismos de apoio? En España, dende as reconversións dos anos 80, todos os Gobernos evitaron colocar ao sector industrial como estratéxico. Mentres os países máis industrializados de Europa miman as súas firmas e organizan os recursos en beneficio do desenvolvemento, nós levamos décadas sen unha política industrial estratéxica clara. Europa ten que comprender que o sector non pode asumir máis sacrificios, e ten que escoitar a voz unánime dos galegos e demais comunidades autónomas afectadas nunha reivindicación xusta. Paralelamente a nós, aos nosos gobernantes correspóndelles deseñar unha política que transcenda a duración dunha lexislatura, co obxecto de deseñar un modelo de desenvolvemento sostible tanto medioambiental como económica e socialmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario