PÁGINAS

Translate

17 de noviembre de 2011

NoticiasGalicia

Os traballadores/as do naval reclaman unha solución á crise do sector ás portas do mitin de Rajoy en Vigo
Os traballadores e traballadores do sector naval da Ría de Vigo fixéronse escoitar de novo durante un mitin doutro dos candidatos á Presidencia do Goberno español. Nesta ocasión a protesta trasladouse até o instituto feiral da cidade, onde o PP celebraba o seu mitin central na provincia da man de Mariano Rajoy.

O político conservador mantivo unha xuntanza cunha representación sindical na que se lle reclamou a súa implicación cunha industria en perigo de morte no caso de que logre gañar as eleccións. Ao igual que sucedera o día anterior no acto principal de Rubalcaba en Vigo, un forte dispositivo policial impediu que os manifestantes puidesen acceder até as portas do edificio. Con todo, varios centos de persoas desafiaron as inclemencias meteorolóxicas e permaneceron á entrada do recinto berrando consignas como "Mariano, escoita o naval está en loita" ou "PSOE, PP, a mesa merda é".

Mentres, no interior do inmoble, unha representación sindical mantiña unha xuntanza improvisada co candidato do PP á Presidencia do Goberno español na que tamén estivo o presidente da Xunta. O secretario nacional do Naval da CIG, César Rodríguez, explicou que, ao igual que anteriormente fixeron con Rubalcaba, o obxectivo da reunión era solicitarlle a súa implicación na defensa do sector no caso de que resulte vencedor nas eleccións so domingo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario