PÁGINAS

Translate

3 de noviembre de 2011

Atlántico Diario

O naval crea no Morrazo unha plataforma obreira

Os expedientes de regulación de emprego comezan a rematar este mes para moitos traballadores de naval, e non vén unha luz no túnel no que están metidos senón todo o contrario, a impresión é de que o futuro está cada día máis negro, optando un grupo destes obreiros da comarca por dar xa uns primeiros pasos para crear a 'plataforma do naval do Morrazo' porque 'os sindicatos non fan nada, estamos desamparados cando con tantos centos de postos de traballo e familias pendentes dun fío habería que mover Madrid e Bruselas', tienen claro.
Os traballadores, 'desesperados', xa non confían nos sindicatos .
 
O primeiro paso está dado, onte houbo unha xuntanza en Moaña na que quedou acordado convocar unha asemblea de todos os traballadores do naval do Morrazo para constituír a plataforma, e será entón cando tratarán de atopar unha solución, comezando por solicitar unha reunión co novo presidente do Goberno de España, despois das eleccións xerais do vindeiro día 20.

Para comezar a preparar esa asemblea quedou encargado da coordinación José Luis Riveiro, co teléfono 607-695-240, ao que poden chamar todos os afectados que queiran apoiar a iniciativa.

En calquera caso, a asemblea será anunciada na prensa, barallando celebrala arredor do vindeiro día 16, mércores da vindeira semana, nun pavillón de deportes ou noutras instalacións que facilite o Concello de Moaña, algo que xa están xestionando.

Entenden estes obreiros que se ben a Comisión Europea non acaba de desbloquear a bonificación á construción de buques, o chamado 'tax lease', os sindicatos terían que presionar día e noite en Madrid ao Goberno de España para que atope unha solución que permita aos estaleiros asinar os contratos que aseguran ter enriba da mesa, 'e non dar a imaxe de tirar xa a toalla como están dando, o que está provocando unha grande indignación na xente', afirman.

'Estamos desesperados', insistían vendo chegar nalgúns casos xa o día 20 sen ter a mínima posibilidade de volver a pór o casco.

Adiantan que unha vez creada a plataforma chamarán á portas de concellos, Deputación e a cantas faga falta para que axuden a facer fronte a os gastos de ir a Madrid e Bruselas, se fora necesario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario