O PPdeG solicita a adhesión da sociedade Pymar ao convenio concursal de Vulcano
O PPdeG presentou unha Proposición non de lei urxente no Parlamento de Galicia na que solicita a adhesión da Sociedade Pymar, determinante para que Factorías Vulcano saia do concurso voluntario de acredores, ao convenio concursal co fin de permitir a súa viabilidade e o mantemento dos postos de traballo. Así mesmo solicita que a Xunta de Galicia continúe coas xestións oportunas ante o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a mesma Sociedade Pymar nese sentido co fin de garantir o futuro da Compañía viguesa.
Os deputados populares presentaron a iniciativa polo procedemento de urxencia ³dada a relevancia do tema para o sector industrial galego² e dado que o próximo día 13 de febreiro remata o prazo para a aceptación ou rexeitamento do convenio concursal presentado por Factorías Vulcano S.A. O apoio do PPdeG a Factorías Vulcano ven provocado, segundo a iniciativa presentada, polo compromiso da dirección e de tódolos traballadores co futuro do estaleiro acreditado cos acordos laborais alcanzados e co traballo "rigoroso e responsable realizado na construcción do buque sísmico, construcción 533, gracias ao financiamento de 21 millóns de euros que foron avalados pola Xunta de Galicia no marco dunha operación xestionada dentro de Pequenos e Medianos Astilleros en Reconversión, Sociedade e Reconversión (Pymar)".
Este compromiso coa construcción do buque se asegurou durante todo o tempo de negociación previo a presentación do concurso. Os deputados populares recordan que a maior partida da débeda que arrastra Vulcano é consecuencia directa das cancelacións dos buques sísmicos 532 e 533, provocados polos atrasos na súa construcción en Factorías Juliana de Xixón, que ata hai pouco foi filial de Vulcano en Asturias, e a entrada en liquidación desta sociedade a consecuencia das enormes débedas acumuladas polos citados incumprimentos de contratos.
Na iniciativa popular, asinada entre outros polo voceiro popular Pedro Puy Fraga, o voceiro de Industria Pedro Arias e Natalia Barros, faise referencia a cuantificación por parte dos administradores do activo de Vulcano en 178 milónes de euros fronte a unhas débedas de 198,9 millóns de euros. "Delas, o 85% se concentran en catro acredores: a súa filial Juliana, con 57,7 millóns de euros, Banco Popular con 65,6 millóns (dos que 38,5 millóns están avalados pola sociedade Pymar), Pymar con outros 26,3 millóns e a armadora Noruega Petroleum Geo Services con 18,7 millóns pola cancelación dos devanditos buques. Segundo os deputados populares de todo o conxunto de débedas os créditos ordinarios ascenden a 123 millóns de euros ³atopándose nos mesmos os créditos de Pymar o que transforma á Sociedade no acredor determinante para a aceptación do convenio concursal".
A día de hoxe, indican na iniciativa parlamentaria, practicamente a totalidade da industria auxiliar galega se ten adherido ao convenio "polo que a adhesión de Pymar resulta determinante para que a Compañía saia de concurso polo que existe unha necesidade imperiosa de que a Xunta faga as actuacións necesarias, tanto ante a Sociedade Pymar como ante o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, para favorecer estas adhesións e se resolva o futuro e a viabilidade do astilleiro dándolle unha oportunidade para superar con éxito o concurso" segundo os deputados do PPdeG asinantes da iniciativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario