Delegados/as sindicais e traballadores/as do naval reclaman na sede da patronal medidas para superar a crise do sector
Durante a mobilización depositaron parafusos ás portas de Asime en resposta ás críticas do presidente dos empresarios de Pontevedra Arredor dun cento de delegados/as sindicais e traballadores/as do naval da Ría de Vigo realizaron hoxe unha concentración diante da sede da Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) para reclamarlles a adopción de medidas que permitan superar a grave crise que padece o sector.
Os convocantes ciscaron parafusos ás portas do edificio da patronal en resposta ás críticas do presidente dos empresarios pontevedreses. A mobilización fronte á sede de Asime en Teis, convocada polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, comezou pouco despois das 11.00 horas coa colocación de dúas faixas nas que se podía ler "Pola defensa do sector naval. Polo futuro industrial² e ³Non aos despidos en Islas Industries".
A continuación tivo lugar o acto simbólico de ciscar parafusos á entrada do edificio da patronal en resposta ás críticas do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) á mobilización convocada a semana pasada no sector, quen se preguntaba "qué tornillos van a lanzar por la calle los trabajadores cuando Vigo sea un páramo industrial".
Os representantes sindicais denunciaron o intento por culpabilizar aos traballadores/as da crise que atravesa o sector e lembraron que os únicos culpábeis da situación son os empresarios, aos que cominan a facer un chamamento claro para salvar unha industria estratéxica para o conxunto do país e fundamental na comarca viguesa. Neste senso, o secretario nacional do Naval da CIG lamentou a inexistencia dunha única dirección entre as distintas asociacións empresariais e reclamou "que se deixen de mirar uns aos outros porque o único que lles preocupa son as súas débedas e como facer desaparecer os seus cadros de persoal". César Rodríguez lembrou que son os empregados/as do sector os que están a loitar para conseguir carga de traballo e solicítalles ás compañías que mentres tanto manteñan os seus cadros de persoal.
O responsábel do Naval da CIG reiterou que as centrais sindicais continúan á espera de coñecer a opinión da Xunta de Galiza con respecto ao documento coas propostas para o sector naval que lle trasladaron á delegada do Goberno galego na provincia. "Aínda que non estaría de máis que tamén fixesen públicas as súas propostas, porque polo de agora ninguén presentou medidas serias para saír desta situación", censurou. Finalmente, os representantes sindicais da CIG, CCOO e UGT anunciaron que nos vindeiros días desenvolverán novas
No hay comentarios:
Publicar un comentario