PÁGINAS

Translate

18 de enero de 2012

NoticiasGalicia

Traballadores/as do naval cortaron o tráfico en Teis e preparan unha marcha a pé entre Moaña e Cangas para este xoves

Varios centos de traballadores e traballadoras do naval da Ría de Vigo cortaron hoxe o tráfico en Teis para denunciar a falta de implicación dos Gobernos español e galego na busca de solucións ao sector.

Os afectados/as, que tamén repartiron folletos informativos fronte ao mercado, e traballan xa na organización dunha marcha a pé entre Moaña e Cangas e na manifestación polas rúas vigueses que pechará o calendario de mobilizacións deste mes.

O acto reivindicativo comezou pouco despois das 10.00 horas cunha concentración fronte ao mercado do barrio de Teis. Alí despregaron unha faixa co lema "Salvemos o sector naval" e repartiron folletos informativos entre a veciñanza explicando a grave crise que atravesa o sector e as repercusións que a súa desaparición terá para a economía da comarca. Unha hora despois realizaron un corte de tráfico en Sanjurjo Badía e percorreron a rúa en manifestación até o cruce de Bos Aires.

Tras permanecer uns minutos interrompendo a circulación regresaron ocupando a calzada cara ao centro do barrio antes de disolver a protesta. Dende a CIG-Metal explicaron que as mobilizacións continuarán este mesmo xoves cunha marcha a pé entre Moaña e Cangas -localidades que contaron historicamente con milleiros de empregados do naval entre os seus veciños/as- que comezará no peirao moañés ás 11.00 horas. O calendario de protestas deste mes pecharase o xoves 26 de xaneiro cunha manifestación en Vigo. A marcha sairá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará no edificio da Xunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario