PÁGINAS

Translate

13 de enero de 2012

NoticiasGalicia

Dávila entrega ao ministro de industria as iniciativas do BNG sobre o tax lease e a viabilidade de Vulcano

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, entregou ao Ministro de Industria onte as iniciativas do BNG sobre o tas lease e tamén a relativa á viabilidade de Vulcano. A deputada nacionalista aproveitou a sesión plenaria de onte para manter unha breve interlocución con José Manuel Soria co obxectivo de axilizar os dous procesos, tanto o relativo ao tax lease como a situación de Vulcano, dada a grave situación pola que atravesa o sector naval da Ría de Vigo e a necesidade de solucións urxentes para paliar as negativas consecuencias.

O Goberno debe adoptar medidas urxentemente para solucionar os problemas do sector naval En relación ao tax lease, Davila lembra que a finais do mes de novembro se dixo que a solución estaría "encauzada", e que se podería basear no modelo de tax lease existente no Estado francés. A deputada do BNG considera urxente rematar con esta situación de incertidume porque "a situación do sector naval na Galiza non pode ser máis grave debido á imposibilidade que teñen os estaleiros de acometer novas contratacións".

Asemade, pón de manifesto o anuncio que fixo a Xunta en sede parlamentar dicindo que "plantexarían ao novo Goberno a necesidade de buscar un sistema de bonificacións fiscais para o naval alternativo ao tax lease. Respeito a Vulcano, a deputada do BNG urxe ao Goberno a adoptar medidas para garantir os mecanismos económicos para a sociedade PYMAR que permitan o fondo necesario para avaliar e asegurar o financiamento que necesitan os estaleiros.

Lembra que para que Estaleiros Vulcano de Vigo teña futuro, depende da decisión de PYMAR de se adherir ao Convenio de Acreedores cuxo prazo de admisión remata o 13 de febreiro. Davila sinala que hai uns meses trascendía a noticia de que a sociedade de garantía PYMAR podería estar ao borde da quebra.

"O papel que PYMAR desenvolveu no sector naval desde a súa creación segue a ser imprescindíbel, e salienta que se trata dunha sociedade constituida polo propio sector e tamén participada polo Ministerio de Industria e polas CC.AA. De aí a importanza de que o Goberno central tome as decisións necesarias para facer fronte ao difícil momento polo que atravesa o sector naval, e busque solucións que permitan aos estaleiros acceder ao financiamento necesario para poder continuar coa a súa actividade produtiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario